lunes, 6 de noviembre de 2017
Pezas "feng shui"
Curioso encargo. Figuras xeométricas para o Feng Shui da casa.
As pezas están realizadas en barro roxo e esmaltadas con cubierta cerámica. O criterio de realización foi que foran figuras xeométricas de cor lairanxa e, ter en conta o lúdico e o emocional da persoa que fixo o encargo.
Na realización das mesmas, ademais da funcionalidade das pezas, se tomou en consideración a parte lúdica e de disfrute que podían ter e se fixeron de tamaños e características variadas (o peso, algunhas son macizas para obter unha sensación concreta ao collelas. O son, algunhas levan no interior partículas que soan cando se moven. O movemento, algunhas manteñen unha certa inestabilidades o que fai que "bailen" ao movelas...).
Un interesante e divertido traballo que, unha vez máis me fai valorar o meu oficio e me demostra a súa vixencia nun mundo aparentemente afastado da terra, da esencia...
viernes, 19 de mayo de 2017
Pulseira en negro
Anque non transito polo traballo de xollería en cerámica, esta peza estaba agardando ver a lus e eu non me puiden resistir.
Os elementos da pulseira, están realizados en barro roxo teñido para negro e con formas speudoxeométricas bruñidas.
miércoles, 10 de mayo de 2017
SURCOS
Vidriado no interior e nos surcos exteriores con esmaltes cerámicos.
No exterior vai bruñido co fin de conservar o "tacto" do barro ao natural.
A técnica de bruñido na decoración de pezas de cerámica consiste en frotar con o utensilio que se escolla para tal fin (paliños, pelouros, culleres, ...) a superficie que se está a bruñir ata alisar completamente o barro pechando os poros ata acadar un tacto suave e unha textura uniforme.
É unha técnica decorativa laboriosa que se fai en varias fases e requiere paciencia e un certo "amor" polo oficio. Permite ademais establecer un "diálogo" coa peza que non se acada con outras técnicas decorativas.
lunes, 24 de abril de 2017
Reptando
Esta peza, realizada en barro negro chamotado, ten moito tempo máis me gustou recuperala nunha situación tan suxerente.
Botixos
Hai moito que non asomo por aquí, o que non significa que no estea a facer pezas e a traballar no taller. As da foto, son pezas baseadas nun diseño de botixo de Martín Azúa con unha línea moderna
e moi práctica e eu engadinlle "asa" para facelo máis funcional.
Están realizados no torno con barro roxo e vidriados con esmaltes cerámicos. As medidas son
variables.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)