As
pezas desta serie son o resultado da colaboración entre dous oficios dos máis
tradicionais.
O
artesanal oficio das palilleiras que convirten o fío en arte de xeito case
máxico e o oficio da alfarería, terrenal e transformador como poucos.
Desta
colaboración xunto coa complicidade entre nos as duas (Mariví Santos Casais,
palilleira e máis eu) e o respeto e a admiración polo traballo da outra,
xurdiron pezas nas que a beleza e a delicadeza permanecerán. Polo tanto, GRAZAS
Mariví polo teu arte e bo facer que quixeches compartir conmigo, e ao meu
oficio, o máis modesto de todos pero tamén o máis grandioso ao facer que a
beleza perdure e sobre todo por permitir que teña na terra algo máis cos pes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario