viernes, 22 de agosto de 2014

con fio III









Pezas realizadas en barro branco, con texturas de encaixes de bolillos, decoradas con óxidos e con cuberta de esmalte cerámico transparente.
Medidas variables, dende 15x25 cms. ata 20x45, e grosor aproximado de 1 cm.

lunes, 4 de agosto de 2014

Con fío... (I)


As pezas desta serie son o resultado da colaboración entre dous oficios dos máis tradicionais.

O artesanal oficio das palilleiras que convirten o fío en arte de xeito case máxico e o oficio da alfarería, terrenal e transformador como poucos.

Desta colaboración xunto coa complicidade entre nos as duas (Mariví Santos Casais, palilleira e máis eu) e o respeto e a admiración polo traballo da outra, xurdiron pezas nas que a beleza e a delicadeza permanecerán. Polo tanto, GRAZAS Mariví polo teu arte e bo facer que quixeches compartir conmigo, e ao meu oficio, o máis modesto de todos pero tamén o máis grandioso ao facer que a beleza perdure e sobre todo por permitir que teña na terra algo máis cos pes.