lunes, 6 de noviembre de 2017

Pezas "feng shui"


                             Curioso encargo. Figuras xeométricas para o Feng Shui da casa.

As pezas están realizadas en barro roxo e esmaltadas con cubierta cerámica. O criterio de realización foi que foran figuras xeométricas de cor lairanxa e, ter en conta o lúdico e o emocional  da persoa que fixo o encargo.

Na realización das mesmas, ademais da funcionalidade  das pezas, se tomou en consideración a parte lúdica e de disfrute que podían ter e se fixeron de tamaños e características variadas (o peso, algunhas son macizas para obter unha  sensación concreta ao collelas. O son, algunhas levan no interior partículas que soan cando se moven. O movemento, algunhas manteñen unha certa inestabilidades o que fai que "bailen" ao movelas...).

Un interesante e divertido traballo que, unha vez máis me fai valorar o meu oficio e me demostra a súa vixencia nun mundo aparentemente  afastado da terra, da esencia...