viernes, 19 de mayo de 2017
Pulseira en negro
Anque non transito polo traballo de xollería en cerámica, esta peza estaba agardando ver a lus e eu non me puiden resistir.
Os elementos da pulseira, están realizados en barro roxo teñido para negro e con formas speudoxeométricas bruñidas.
miércoles, 10 de mayo de 2017
SURCOS
Vidriado no interior e nos surcos exteriores con esmaltes cerámicos.
No exterior vai bruñido co fin de conservar o "tacto" do barro ao natural.
A técnica de bruñido na decoración de pezas de cerámica consiste en frotar con o utensilio que se escolla para tal fin (paliños, pelouros, culleres, ...) a superficie que se está a bruñir ata alisar completamente o barro pechando os poros ata acadar un tacto suave e unha textura uniforme.
É unha técnica decorativa laboriosa que se fai en varias fases e requiere paciencia e un certo "amor" polo oficio. Permite ademais establecer un "diálogo" coa peza que non se acada con outras técnicas decorativas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)