miércoles, 10 de mayo de 2017

SURCOS

                   Cunco realizado no torno en barro roxo de nove cms. de alto por trece de diámetro.
                    Vidriado no interior e nos surcos exteriores con esmaltes cerámicos.
                      No exterior vai bruñido co fin de conservar o "tacto" do barro ao natural.



A técnica de bruñido na decoración de pezas de cerámica consiste en frotar con o utensilio que se escolla para tal fin (paliños, pelouros, culleres, ...) a superficie que se está a bruñir ata alisar completamente o barro  pechando os poros ata  acadar un tacto suave  e unha textura uniforme.

É unha técnica decorativa laboriosa que se fai en varias fases e requiere paciencia e un certo "amor" polo oficio. Permite ademais establecer un "diálogo" coa peza que non se acada con outras técnicas decorativas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario